Un verán de sorte en Cruces

Amelia Ferreiroa LALÍN/LA VOZ.

DEZA

O colectivo de comerciantes da vila inicia o 5 de xullo unha campaña de promoción con sorteo de numerosos agasallos

24 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A Asociación de Comerciantes de Vila de Cruces acaba de rematar os pormenores dunha nova campaña de promoción do comercio local, que porá en marcha nos primeiros días do próximo mes de xullo.

«Este verán disfruta da túa sorte» é o título desta nova iniciativa que promove o colectivo cruceño -en colaboración co Concello de Vila de Cruces, Xunta, Deputación, Caixanova e as federacións de comercio provincial e autonómica- e que arrancará o 5 de xullo ata o 20 de agosto. Unha campaña promocional dirixida a todos os clientes que se acerquen aos establecimientos asociados á Asociación de Comerciantes de Vila de Cruces, e na que participan un total de 72 locais pertencentes a sectores dispares tales como alimentación, asesorías, calzado, confección-moda, deportes-pesca, electrodomésticos-electrónica, farmacía, floristería, hostalaría, xoiería-reloxería, lencería e mercería, libraría, máquina agrícola, óptica, mobles e decoración; entre outros. Os sectores da alimentación e da hostalaría e lecer son os que rexistran maior volume de establecementos asociados cun total de catorce e doce respectivamente. De preto lle siguen os locais adicados á confección e á moda cun total de nove asociados e pasar logo ás reparacións e ao acondicionamento do fogar con catro establecementos asociados, que participan tamén nesta iniciativa promocional.

Esta nova promoción de verán do comercio cruceño consistirá no reparto -entre todos os establecementos adheridos á campaña- dunha serie de boletos que lles serán entregados aos clientes ao realizar unha determinada compra nun comercio. O cliente deberá de cumprimentar cos seus datos persoais a papeleta e a depositará posteriormente no establecemento no que realizou a súa compra. Unha campaña na que os agraciados se poderán levar un televisor, unha bicicleta ou un microondas, poderán gañar unha fin de seman nun hotel ou mesmo obter un vale de compra por importe de 20 ou 50 euros. O sorteo da totalidade dos agasallos que se inclúen nesta campaña sortearanse o próximo 20 de agosto -data en que se pechará oficialmente esta iniciativa de dinamización do comercio cruceño- e os premios lles serán notificados telefónicamente por parte dos membros do colectivo aos gañadores, segundo rezan as bases do concurso. Dende a asociación se puntualiza tamén que os premios non se poderán cambiar e que só se dará un agasallo por persoa e papeleta, polo que non poderá resultar premiado o mesmo cliente dúas veces, e os agraciados disporán dun prazo máximo de dez días para recoller o premio obtido.