Pulpo da Ría

La Voz

DEZA

Señora María Carmen Eyo, permítame que inda non son pulpeira de oficio, sí «son de nombre» desde antes que vostede e ademáis, vivín o mundo do «pulpo» e das-o PULPEIROS (con maiúsculas) en sangre propia... Eu son tátara-neta, bis-neta, neta e sobriña de pulpeiros. Por certo, que viñeron do Carballiño e inda que non recibiron premios gastronómicos , supoño que porque non se celebraban, xa Álvaro Cunqueiro as nombra nos seus libros.

Non cortaría tantas racións de pulpo como vostede, pero sí que vivín e sigo apreciando a «calidade do pulpo das rías gallegas». Eran anos nos que o Pulpo de Ribeira e de Bueu, fresco, chegaba a esta casa cando a única maneira de conservalo era secando o aire en cordas e a sombra, porque inda non había as cámaras nin conxeladores, por eso que de sabor e arrecendo a pulpo galego, vexo que vostede non o recorda, senon non falaría do «Pulpo de Huelva».

Decirlle que secretos non pode ter moitos, xa que os «doce minutos» de coción dos que fala na sua entrevista, sóbranlle, porque de ser máis tempo non o topaba na caldeira, xa que o pulpo das rías galegas necesita un chisco máis de tempo porque ten outra textura, outro sabor e outra color.

Decirlle que parece mentira que nesta nosa Galicia teñen que sempre vir os de fora para alabar os nosos productos, xa que os da casa non o fan.

Carmen, non lle envidio nada de ese premio que lle concederon no Fórum Gastronómico celebrado en Santiago, porque ese día o xurado deberían de ter o paladar atrofiado ou porque non había nada mellor que degustar.

Asi que anímoa a que prove a picar talladas de Pulpo de Galicia, xa verá como cambia de idea, e posiblemente lle den outro premio a «mellor pulpeira» en Huelva. E. G. P. A Estrada