O inventor da «nai das calculadoras» recibiu onte un concorrido homenaxe que a chuvia?non foi quen?de empanar
24 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.A Estrada celebrou onte un acto de galeguismo ó cadrado. Pola mañá unha xornada invitou ó empresariado a reflexionar sobre a lingua galega como activo e pola tarde unha homenaxe rescatou do esquecemento a figura de Ramón Silvestre Verea, un veciño de Curantes que ìnventou unha máquina capaz de multiplicar e dividir números de nove cifras que se considera a «nai das calculadoras». A patente vendeulla á empresa IBM e o aparello exponse agora na sede central da empresa en Nova Iorque.
Verea foi emigrante emprendedor, escritor, xornalista e responsable da empresa Zeltia. Na súa aldea lémbrano sinxelamente como Ramón «de Brea». Desde agora a súa figura estará máis presente. O seu busto saudará a entrada á misa dos fieles e a biografía firmada por Olimpio Arca rescatará a súa historia para quen o queira tomar de exemplo.