Unha oposición constructiva

La Voz

DEZA

O alcalde ten verbas de agradecemento tanto para os funcionarios, os traballadores do concello, do centro de saúde e do colexio coma para o oposición. Dos traballadores e o persoal de diferentes organismos e institucións agradece a súa colaboración. Sinala que «todo o mundo se portou moi ben» e síntese contento de «ter contado cunha xente que nunca me deu problemas e sempre me botou unha man». En canto á oposición, cré que tanto a do PP como a do BNG foron unhas oposicións construtivas. Pese a que agora teña previsto presentar a súa dimisión coma alcalde cumprindo o pacto non ten previsto abandonar a política. Salgado asegura que pensa volver a presentarse ás próximas municipais «como independente e cun equipo de xente nova». Mentres apura os derradeiros días ou horas na alcaldía, por riba da mesa suma proxectos e asuntos pendentes. Unha subvención de 85.000 euros do Inega para informatizar todo o sistema do alumeado, o presuposto do que está feito o borrador, que foi rexeitado polo PSOE e no que van 3.000 euros de axuda pendentes para a asociación de Rodeiro en Arxentina, unha reunión coa directora xeral para falar da modificación do PXOM, o proxecto de reforma da casa da Cultura que lle mandou facer Méndez Romeu e que quedou aí...

Vence acusaba a Salgado de despilfarro, e este explica que «se atenderon peticións dos veciños, abríronse camiños, non entendo que facer obras sexa despilfarro».