O programa Vai de Camiño traerá á Casa da Cultura de Silleda as actuacións de O Neno Elliott e Al Vila
18 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.A cita musical está fixada para este sábado a partires das 20.30 horas. Cantando para ao público Dani Alonso, O Neno Elliott coa súa guitarra.
-Comezou moi noviño no panorama musical, ¿creo que con trece anos?
-Por aí tería. Ao principio eran colaboracións con grupos do barrio e logo veu o paso por diferentes bandas. Xurdiu os Blood Filloas con xira por España e Francia coa banda de power pop australiana DM3, chegan as colaboracións con medios audiovisuais ate que desaparece Blood Filloas e nace O Neno Elliott.
-No medio de todo iso e antes do nacemento de O Neno Elliott moitas viaxes...
-Axudoume moito o de viaxar polo mundo, buscándome a vida e con poucos recursos. Foi algo moi positivo. Estiven en Dublín no ano 2000 e, dende alí, comecei unha odisea por Hong Kong, Indonesia, Nova Zelandia, California e Australia. Boy Elliott nace en Sydney xa que dese xeito me chama un amigo inglés pola conexión entre a súa veneración por Elliott Smith e Badly Drawn e, de aí, veu O Neno Elliott. Tiven a sorte de abrir o concerto de Dom Mariani, de tocar con Jon Auer e Paul Collins Beat, e no 2007 estiven dando concertos en Asturias e tamén en Galicia.
-Entón volta á terra, a Galicia, se presenta a un concurso en Ourense e gáñao...
-Foi no concurso de cantautores, en setembro de 2005.
-¿Os cantautores están de moda ou é música para só uns poucos?
-Un tío con guitarra sempre está de moda, hoxe e onte. Eu non son un cantautor típico senón que semella que teño toda unha banda detrás. Pode resultar curioso pero é así. Fago o mesmo que se estivera toda unha banda ao meu carón.
-O seu maior éxito, ata agora, tén moito que ver coa televisión...
-A canción e o correspondete videoclip de Superheroe, que fixemos para o espazo televisivo Xabarín Club da canle autonómica, ou a sintonía do magazine Gorevision para a televisión de Narón é do máis coñecido que temos pero convido ao público a coñecer algo máis.
-E, ¿que lle vai ofrecer ao público silledense?
-Os que veñan á Casa da Cultura poderán escoitar a miña guitarra, cancións novas e vellas en castelán, en inglés, en galego, versións... un pouco de todo e espero que sexa do agrado dos asistentes.
-Por certo, ¿como está indo esta xira por Galicia dentro da programación Vai de Camiño?
-Moi ben. O público está respondendo moi ben e despois de actuar en Silleda este sábado, tocará Pontevedra.
-¿En qué outros proxectos está traballando?
-Na miña axenda está comezar a grabar unha canción xunto con outras persoas. Só podo comentar de momento que é unha canción en galego e que é para nenos.