Os xuvenís da EF Lalín non conseguiron sumar en Arzúa a súa sétima vitoria da Liga, ao caer pola mínima, e baixan ao o sexto posto. O Cruces deu boa conta do Flavia, ao que se impuxo 0-2, e sobe ata o undécimo posto de Primeira Galega. No Grupo-3 de Segunda, o Silleda endosoulle un 6-1 ao San Miguel, e segue líder. O Cogal Rodeiro caeu 3-2 ante o Belvís, e ocupa o noveno caixón da clasificación. No Grupo-5, o Agolada perdeu 3-6 ante o Bastavales, e segue como pechacancelas; o Callobre empatou 0-0 na casa do Ames, e é oitavo, mentres o Val do Ulla conserva o liderato a pesar de perder 4-1 na casa do Milladoiro.
Cadetes
Os cadetes de Liga Galega da EF Lalín continúan no cuarto posto da clasificación despois de vencer por 1-0 ao Montañeros B. No Grupo-3 de Primeira Autonómica o Sporting ascendeu ao segundo posto da clasificación logo de golear 7-0 ao Xuventude Aguiño B. O Callobre perdeu 1-3 co Nicrariense, e segue no último posto da táboa. No Grupo-5 de Segunda Autonómica o Silleda, que tivo xornada de descanso, mantense líder con 9 punto sobre o segundo. O Cruces perdeu 0-2 co San Mamed, pero continúa sétimo. No Grupo-7 o Val do Ulla mantense á fronte da táboa despois de golear 0-7 ao Bertamiráns Beirasar.
Infantís
A EF Lalín non se despega do liderato do Grupo-3 de Primeira infantil. Os lalinenses arroiaron 9-1 ao Abanqueiro na última xornada da Liga. O Sporting Estrada segue segundo logo de golear 0-6 ao Flavia; o Val do Ulla tivo xornada de descanso, pero mantense como terceiro, e o Silleda, que empatou 2-2 co Cabo de Cruz, sitúase noveno. No Grupo-6 de Segunda, o Cruces segue como segundo clasificado despois de golear 12-1 ao Tordoia; a EF Lalín B perdeu 4-2 ante o Compañía de María, e sitúase noveno.
Alevíns
Os resultados da última xornada de Liga no Grupo-5 de fútbol-7 alevín foron: Cruces B 4- Sporting Estrada; Cruces 13-1 Bandeira; EF Lalín B 4-2 Silleda; Callobre 6-7 San Mamed; Silleda B 1-8 Callobre B; Atlético Melide 1-4 EF Lalín; Sporting Estrada B 1-10 EF Lalín C. A clasificación queda: EF Lalín (1º), Cruces (2º), EF Lalín B (3º), Sporting Estrada (4º), Silleda (5º), Callobre B (7º), Cruces B (8º), EF Lalín C (10º), Callobre (11º), Silleda B (12º), Sporting Estrada (13º), e Bandeira (14º).
Benxamíns
A última xornada de Liga no Grupo-6 de fútbol-7 de categoría benxamín concluíu cos seguintes resultados: Silleda B 1-9 EF Lalín B; Sporting Estrada 7-1 Atlético Melide; Sporting Estrada C 0-2 Cruces; Callobre 1-2 Touro; Val do Ulla 8-0 Silleda; EF Lalín C 3-2 Sporting Estrada B. A táboa queda: Sporting Estrada (1º), Silleda (2º), EF Lalín (3º), EF Lalín B (4º), Val do Ulla (5º), Sporting Estrada B (6º), EF Lalín C (9º), Cruces (10º), Callobre (11º), Sporting Estrada C (12º), Silleda B (13º) e Silleda C (14º).