A formación, que leva vendidas máis de 300.000 copias, actuará o sábado na vila dentro do ciclo «Vai de Camiño»
07 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Luar na Lubre, o grupo de folk hoxe por hoxe máis importante na Península, dará un concierto o vindeiro sábado día 9 de agosto na Praza da Igrexa de Lalín ás 22.30 horas; enmarcados nunha xira que comezou en outubro, tras o lanzamento do seu último disco «Camiños da fin da Terra», e que os ten levado a países coma Marrocos, Francia ou Italia, desembarcarán na capital dezana dentro do ciclo «Vai de Camiño».
-Non é a primeira vez que actúan en Lalín, como se presenta nesta ocasión?
-É un concerto máis dentro do ciclo «Vai de Camiño», ademais sempre que vimos actuar a Lalín sentímonos moi ben acollidos, por eso, para a formación é un pracer actuar aquí.
-Que lles supuxo recibir este ano dous Premios da Música polo seu último trabajo?
-Con estes dous últimos premios, xa son oito os que temos recibido, aparte do recoñecemento que supón recibir un premio polo traballo realizado. É a mellor proxección nacional e internacional, pero sobre todo a nivel estatal e en Galicia.
-Que tal está indo esta xira?
-Realmente ben, comenzamos a xira no mes de outubro coincidindo co lanzamento do noso último disco «Camiños da Fin da Terra», estivemos en países estranxeiros como Marrocos, Italia, Croacia ou Francia e acolléronnos en todos os sitios moi ben; a nivel nacional, estamos recorrendo toda a xeografía española e os concertos están tendo moita acollida por parte do público, polo que estamos moi contentos .
-O público estranxeiro, acólleos de igual xeito que aquí?
-En moitas ocasións o público estranxeiro mesmo amosa máis interese que o público galego, e isto ocorre por unha sinxela razón: o folk chegou a Galicia moito máis tarde que a outros países estranxeiros nos que este tipo de música xa se equiparaba a estilos tan coñecidos como o jazz ou o rock. Debido a isto, en moitas ocasións observamos que o público estranxeiro conta con máis formación no mundo do folk e iso fai que se amosen máis interesados .
-A comarca de Deza ten moita tradición en música folk, nótano nas súas actuacións?
-Efectivamente, a comarca de Deza ten moita tradición en grupos de música folk y iso é algo que se nota en cada actuación, ao ter máis coñecemento sobre o tema, nótase un interese maior sobre a música folk na zona.
-Que significa o folk para Galicia ?
-É uno dos piares de identidade de Galicia xunto ao idioma, a gastronomía e todo o que engloba a nosa terra; xunto ao galego, en definitiva, un dos nosos sinais de identidade.