03 jun 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
O Riter Estradense Fútbol Sala proclamouse o pasado sábado campión da Copa provincial ante o Deportes Cimáns de A Coruña, nun encontro disputado na localidade de Cedeira. As xogadoras estradenses impuxéronse ao plantel coruñés por un claro 5-1, tendo no descanso unha renta de 2-1.
As pupilas de Antonio tiveron un encontro máis disputado na primeira metade, posto que no segundo tempo deron boa conta das coruñesas sen complicacións. Polo Riter Estradense anotaron Marta (3), Raquel e Cris.