Cuestiona a utilidade do Eixo Atlántico e critica os retrasos de consistorio e Lalín Arena, dous proxectos que hipotecan a posibilidade de facer obras necesarias
24 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Manuel González Aller é portavoz do PSOE en Lalín e afronta o seu segundo mandato na corporación.
-¿Como veu ao goberno local neste primeiro ano?
-Xa dixemos cando vimos os orzamentos deste ano, que se comproba que estamos empeñados polas grandes obras, que xa dudamos moito que se leven a cabo. As 500 propostas de Crespo están todas atrasadas, e as que podían estar como o Agro de Lalín de Arriba siguen pendentes, cando os propietarios hai xa cinco anos que cederon os terreos para o colexio. O SG-V5 segue atrancado, primeiro porque faltaban terreos, logo polas liñas e agora hai problemas coas rasantes. No novo concello, todo son problemas, aínda que a nós non nos colle de sorpresa porque xa o anunciamos hai catro anos: está en 12 millóns, pero vai ir a 15 ou 16. O Lalín Arena é outra hipoteca, vai retrasado, pero non nos alegra porque está perxudicando ao deporte. En Lalín non hai plantexamento en deportes, o vello pavillón non se arranxa e o Arena terá un alto coste, será un luxo, só para os primeiros clubes. No urbanismo, nunca estivemos de acordo con Crespo, cunha construcción salvaxe para sacar cartos na venda dos solares do Concello. Nós apostamos por un urbanismo cara a xente, con espazos de recreo e ocio. En defnitiva, este ano caracterizouse -e o vindeiro tamén- por un Crespo que vendeu ilusións, que vendeu fume: o vemos co Eixo Atlántico, que non sabemos ben para que vale, ou coa asociación fantasma de concellos do interior de Galicia, pero nas cousas que importan non está a facer nada.
-Neste primeiro ano percíbese un alto grado de confrontación entre o PP e o PSOE.
-Crespo non sei se quere cousas para Lalín, ou quere que pareza que todo o fai el. El fai o que pode, e moitas veces non nos gusta, pero tiña que adoptar outra postura, por exemplo, respecto ás consellerías do PSOE, que están traballando moito e teñen unha sensibilidade especial cara este pobo. E vemos enfrontamentos que non veñen a conto, como con Educación: aquí non invertiran un can, só cambio un colexio [Manuel Rivero] por intereses inmobiliarios. Sen embargo, con esta conselleira rematouse a reforma de Aller Ulloa, se fará o novo Golmar e se estuda o cambio do Laxeiro. Máis sensibilidade, e cun delegado como Cristóbal Fernández de Lalín non se pode, e non se ve un atisbo de colaboración de Crespo. Outra consellería que está traballando ben é Sanidade, se están conseguindo grandes cousas para Lalín e dende logo non é grazas a Crespo. Un alcalde non pode pedir a capricho un hospital ou hospitalización domiciliaria: ten que haber un plan sanitario para Galicia, e aí debatir. O que pasa é que ten unha administración que non é dos seus, e pon todos os atrancos posibles, e iso vai en perxuizo de Lalín.
-Hai unha guerra de guerillas nas mocións da oposición, ¿co goberno da Xunta de fondo?
-Penso que non. Cada un entérase máis do que vai, por exemplo, se eu quero facer unha demanda en Sanidade, antes fálao e entérome ben. Se considero que unha cousa é positiva para Lalín, apoiámola aínda que sexa en contra dunha consellería do PSOE. Temos apoiado moitas, aínda que saibamos que non teñen posibilidades de facerse, como pedir unha oficina de Facenda para aquí cando a tendencia é pechar as que hai abertas.