As súas conversas con Francisco Pillado levárono a posicionarse como o escritor galego máis lido
06 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.No seu haber conta cun bo número de publicacións pero con No pazo de laiovento. Conversas con Franscisco Pillado Maior chegoulle a satisfación ser o escritor galego preferido polos lectores da comunidade, no primeiro posto da lista de vendas.
-Un par de semáns no número un da lista de libros en galego máis vendidos, no xénero de ficción, e con estas conversas...
-Eu escribo para comunicar, para chegar á xente e é unha satisfacción alcanzar ese posto. A verdade é que estas novas chegan cando menos o esperas, xa que non o esperaba. A ventaxa é que a relevancia deste libro é do protagonista, un referente da cultura galega como é Francisco Pillado Maior. Eu só recollín as conversas que fun mantendo con el. Parte de que No pazo de laoivento sexa o libro máis mercado é polas conversas con Pancho.
-Atrás quedaron moitas horas de fala?
-Penso que máis de trinta horas. Foron varios meses nos que mantiñamos encontros en Miño, na miña casa en A Estrada e no Casino de Santiago de Compostela. Nas nosas respectivas casas estabamos as nosas anchas e podiamos pór os documentos onde queriamos, xa que Pancho sempre chegaba cunha morea de documentos, fotos e manuscritos nunha bolsa, pero imaxínate a situación en Compostela nunha mesiña cun café e unha infusión e papeis por todas partes. Máis dun quedou sorprendido.
-Pola cantidade de documentos espallados?
- A Pancho Pillado gústalle presentar documentación que corrobore o que está a decir. No casino compostelá creo que nunca viran tanto despliegue de medios... Foron unhas conversas nas que aprendín moitísimo. O entrevistado é o protagonista. É unha desas persoas realmente boa e xenerosa. Con Pancho Pillado podes pasar unha hora moi boa. Sabe escoitar pero tamén opinar.
-A mediados deste mes -do 17 ao 20- Lalín vai celebrar a segunda Feira do Libro á que está convidado, ¿presentará este libro?
-A intención é esa. O pasado venres, pola noite, presentamos en Couceiro o libro xunto con Pepe Cáccamo e Xosé Manuel Beiras, que quixo facer unha lectura de No pazo de laiovento . E dese libro tamén queremos falar na vindeira edición da feira do libro de Lalín.
-Unha presentación en solitario ou con máis escritores?
-Irei acompañado de Pancho Pillado Maior e de Miguel Anxo Fernán Vello que é o editor do libro. É unha oportunidade de falar deste traballo aos que non o coñecen e de dar resposta ás inquedanzas de aqueles que teñan algo que preguntarnos.