El Llano viaxará a A Estrada mermado de efectivos

DEZA

O pavillón municipal Coto Ferreiro de A Estrada pode converterse mañá no escenario onde se decida a Liga en Primeira Nacional A. Os dous máximos aspirantes ao título enfróntase mañá a partir das 19.30 horas nun encontro a cara de can no que medirán forzas os dous equipos máis fortes do campionato, o Estradense Fútbol Sala e o Restauraciones El Llano.

O equipo que adestra Félix Vaquero desprazarase ata A Estrada mermado de efectivos. «Esta semana estamos entrenando seis jugadores, y tenemos a otros dos entre algodones», confesou o técnico. O equipo comezou a tempada con 13 xogadores, dous pediron a baixa por motivos persoais, e varios dos efectivos asturianos atópanse agora lesionados. Un hándicap importante que o equipo vén arrastrando nas últimas xornadas, pero que ata o momento non se deixou notar en exceso nos resultados. «A día de hoy, en cuanto a juego estamos bien. En los últimos tres partidos solo hemos encajado tres goles, y hemos marcado 20. Llevamos casi siete meses de trabajo, y eso se deja notar», explicou Vaquero.

A última visita de Félix Vaquero a A Estrada foi como adestrador do Benavente no famoso partido no que o Reale se fixo coa Liga a pasada tempada; e con goleada incluida. O técnico opina que desta volta as forzas están moito máis igualadas e que se medirán dous conxuntos de igual a igual. Iso sí, «el partido es imprevisible. Más aún cuando juegas en una cancha en la que la afición está muy metida sobre la cancha y apoya muchísimo a su equipo», engadiu Félix Vaquero.

A fortaleza defensiva é un dos baluartes sobre os que o Restauraciones El Llano está a cimentar a súa tempada. Por algo os asturianos son o segundo equipo que menos tantos encaixou nesta Liga. «Yo opino que defensivamente es donde más se nota la mano dura de un entrenador, son los pilares de un equipo».

Partido definitivo

Co Reale Seguros liderando a Liga cun punto máis có El Llano, e cun encontro menos xogado, Vaquero coincide en que «para nosotros este partido es prácticamente definitivo», «perder nos complicaría muchísimo la Liga, así que esto para nosotros es como una final». E é que mentres as opcións dos asturianos pasan en boa parte por acadar mañá os tres puntos, o Estradense aínda seguiría dependendo de sí mesmo. O preparador do El Llano destaca que de gañar o conxunto asturiano, a Liga abriríase de novo.

En calquera caso, lonxe de amilanarse ou viaxar con presión, Vaquero asegura que o seu equipo sairá á pista do Coto Ferreiro «con confianza, con la máxima motivación, y sabiendo que el Estradense es un rival muy duro y difícil». A boa sintonía acadada entre adestrador e xogadores é, a entender do técnico, unha das chaves do éxito do Restauraciones El Llano no campionato. O preparador lembra ademais que «lo que queremos es ganar la Liga».

Pavillón cheo

O que non semella que pillará despreviso ao Restauraciones El Llano é o cheo que se agarda no Coto Ferreiro. O club continúa adiante na súa meta de encher o recinto.