«Vendemos pezas para tuning e recambios de coches clásicos»

DEZA

Francisco Pena Fernández está ao fronte de Auto Recambios Motor Lalín ubicado no 72 da rúa Ponte, que conta con una plantilla de seis traballadores. Un establecemento de avalada experiencia que cumpriu xa os 21 anos de funcionamento e onde se venden todo tipo de recambios.

-¿Hai demanda para tuning?

-Sí, hai bastante furor do tuning. O que máis se venden son llantas, aleróns, spoilers e algo para tunear todoterreos. Sobre todo os famosos mataburros, que ven sendo a defensa dianteira en inox.

-¿Somos moi forofos na zona?

-Os que máis lles gusta é a xente xoven, de 18 a 25 anos, aínda que hai excepcións. Eu teño 50 e me gustan os coches tuneados.

-¿É unha inversión cara?

-Hai xente que con pouca pasta tunea un coche porque fan moitos traballos eles mesmos. Sempre existe un pouco de financiación para os rapaces que queren por os coches bonitos.

-¿De onde teñen clientes?

-Vendemos recambios para toda a zona. Temos reparto a domicilio para os talleres aos que surtimos de todo tipo de pezas. Nos piden recambios para coches clásicos de toda España. Son pezas para vehículos antiguos que xa non hai.

-¿Qué se demanda máis?

-Principalmente da marca Seat, especialmente modelos como o 1.500, 224, ou 850. Estamos nunha asociación nacional e nos piden pezas de todas partes. Da zona de Valencia estános chamando deseguido buscando pezas do 124 Sport.