Mal fin de semana para o Tenis de Mesa Lalín

La Voz

DEZA

07 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Caixa Rural Galega Tenis de Mesa Lalín non pechou con bos resultados a pasada fin de semana. O primeiro equipo recibiu a visita do Monte Porreiro, segundo na Liga, perdendo por 0-4 a pesar de que os partidos estiveron igualados.

O segundo equipo tivo xornada dobre, caendo por 1-4 ante o Monte Porreiro B, co punto local asinado por Julio Silva. Ante o Monte Porreiro Divai perderon 3-4 con dous puntos asinados por Julio Silva e un por José Antonio Blanco.