Xosé Iglesias preside a cooperativa Aprodeza. Durante anos debateu en foros europeos e está curtido en tema de cuotas. Dá por feito que as elevarán o 2% e afirma que a Comisión mira ao consumidor, non ao gandeiro.
-Que lle parece o anuncio de incremento da cuota nun 2%?
-Do 2% xa se empezara a falar hai anos, cando eu iba a reunións a Bruxelas por UPA, falábase dun aumento lineal para todos. Parecíanos mal, pretendiamos que lle deran máis aos países que producíamos menos do que se consumía, pero ao final quen manda, manda. Xa se vía que iba saír para adiante o tema de incremento lineal.
-Baixarán os prezos ...
-Van aplicar o 2% e máis agora despois da suba do leite, porque o que lles importa a eles non é que lle suban os gandeiros senón que repercute no consumidor e o que van tratar e que baixen. O que me preocupa é que cando falan do 4% ou 5% de baixada creo que a idea da Comisión é que sexa moito máis.
-Repercute aquí?
-Para aquí ten o problema de que o aumento é insuficiente e o mellor estanlle dando a outros que non tiñan pensado aumentar. Estannos suxeitando e despois será mercado libre. Hai xente disposta a aumentar moito máis e nós non imos estar preparados ou imos ter que facelo en moito menos temop a adaptación. Non teremos estrutura para aumentar de golpe moitas vacas. Átannos de momento e despois dan liberdade. Quedará aínda como reparta España porque todas as autonomías van querer aínda que non lles interese o sector.