«Agora a roupa deportiva pasou a ser de rúa»

DEZA

01 ago 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

lalín | Rai Portas leva ao frente da súa tenda de roupa deportiva en Silleda, agora situada na rúa Alonso Paz, dende hai trece anos e advirte como a compra deste tipo de prendas está encamiñándose cara un uso extradeportivo. Nos últimos tempos, apreciou que na localidade aumentou a venda para a práctica do tenis pero seguen liderando as destinadas a correr.

-¿Cal é a prenda estrela agora?

-No verán, as camisetas; pero quizais agora o pantalón pirata, bermudas largas...

-¿Para homes e para mulleres?

-A muller mídese máis, tenlle que quedar moi ben a prenda para quedarse con ela, pero si quizais tamén colle o pirata. Tamén o bum das sandalias de tira, e incluso para o home, que antes estaba reservado o mundo feminino e agora desprazouno.

-¿Qué pesa máis a hora de elixir: as marcas ou a estética?

-As marcas quizáis sexan o primeiro que chaman a atención, pero despois pesa moito a estética. Aínda que marca segue marcando a pauta.

-¿Somos atrevidos ou clásicos?

-Teño unha variedade de clientela tan grande, dende un rapaz recén nacido ata unha persoa maior, que atopas de todo. E ademais non hai idade.

-¿Cambiou moito a utilización das prendas deportivas?

-Agora a roupa deportiva pasou a ser roupa de rúa. Agora úsase a camiseta deportiva para ir pola calle, pero séguese vendendo para facer deporte, que é como realmente tería que ser.

-¿Nota aumento de venda para algún tipo de deporte en Silleda?

-Agora está de moda o tenis.