«Levaron pan de aquí incluso para Australia»

La Voz M. G. | LALÍN

DEZA

?licia Villamayor Araújo cumprirá 28 anos en agosto traballando no negocio propio, a panadería Mella, de Silleda pero xa dende seis anos antes elaborado o pan. Aínda que súa especialidade é o pan artesán, tiveron que introducir novos productos para adaptarse ao mercado. -O de panadeiros sempre se asocia con un traballo duro... -Si, porque hai que traballar de noite, moitas horas, domingos, festivos, non tés vacacións practicamente nas panaderías pequenas: só cerramos o 25 de Nadal e o primeiro de ano. E o horario é moi longo, porque de noite tés que traballar para ter a mercadoría a mañá e cando hai festas, cando os outros se divirten, nós traballamos. -¿Cambiou moito o mercado? -Agora véndese menos pan, cómese máis bollería, máis pizza, pero o que é pan artesán, o máis rico, non. A xente da fóra sí que o valora moito. -Entón, levan moito pan para fóra... -Si, levaron pan de aquí incluso para Australia. Tamén foi para Portugal, Francia, San Sebastián, para Barcelona... Cando ven a xente de vacacións sempre lle piden pan, chourizo e queixos. -¿Cal é o segredo dun bo pan? -É cuestión de moitas horas, este pan artesán hai que facelo a man e en menos de catro horas no dás sacado unha fornada. Son masas cun proceso longo. -¿Puderon influir na baixada as dietas cada vez máis habituais? -Un médico comentábame que non é certo que o pan engorde. Hai que comer sano e de todo, pero con moderación. -Moletes, barras, bólas.... ¿Qué é o que máis se vende? -Todas esas facémolas da mesma masa, é todo artesán. O que máis vendemos é a barra artesá, porque serve para as comidas, para bocadillos...