10 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.
? segunda edición do Triatlón de Vila de Cruces celebrarase o vindeiro sábado con 160 participantes inscritos. O concelleiro de deportes do municipio, Nicolás Castro e o triatleta cruceño Emilio Montilla foron os encargados de presentar onte a proba, que é a segunda do circuito do campionato galego. Precisamente Montilla, un dos máximos valedores da disciplina no Deza, non poderá tomar a saída da proba, que comezará no encoro de Portodemouros con 750 metros de natación. A continuación os deportistas deberán percorrer 20 quilómetros en bicicleta, e finalizar a proba con 5 quilómetros de carreira a pé. A competición é a segunda do circuito galego.