Reportaxe | O conxunto de veteranos listo para a División de Honra O traballo conxunto da plantilla de Trasdeza foi a clave para que o equipo logre o seu cuarto ascenso consecutivo, e o primeiro como campión de Liga
30 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?ai tan só catro anos que deus os seus primeiros pasos, pero o River Silleda xa se está a converter nun referente á hora de falar de fútbol veterano. E é que o equipo de Trasdeza pode presumir de asinar un acenso por tempada. Hai catro tempadas que o River Silleda comezou a súa andaina na Terceira división de Veteranos grazas ao empeño de Lito, artífice do club, e patrocinador do mesmo. No seu primeiro ano en competición, o River asinou o cuarto posto da táboa, e conseguiu o acceso á Segunda categoría. Unha tempada despois, asinaba outro cuarto posto que lles daba o pase á Primeira B, categoría na que rematou como terceiro clasificado, e que lles permitiu facerse un oco en Primeira A, na que o club militou este ano. Agora, coa tempada ligueira rematada, o River pode presumir de ter asinado o primeiro posto da táboa, logrando o seu primeiro campionato ligueiro, e conseguindo o seu cuarto ascenso consecutivo, desta volta á División de Honra do fútbol veterano. Con Juan nas labores de técnico, Cabugy como masaxista, e Penelas como segundo delegado, o River Silleda conta con Rubén e Fernando baixo os paus. A plantilla complétase con Montoto, Eduardo, Abeledo, Toneles, Burela, Lito, Couto, David, Orza, Iglesias, Cuíña, Elías, Maril, Nacho, Mariño, Pastor Paz, Heredia, Francis, Machete e Lolo.