Poemas e premios para as Letras

La Voz

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

A rúa do vento

16 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

O Concello da Estrada celebra hoxe o Día das Letras Galegas coa entrega á escritora María Lado do premio Avelina Valladares de poesía pola súa obra Nove . O acto será ás 13.00 horas nos xardíns municipais. A continuación, o xornalista Pepe Rodríguez lerá un manifesto pola lingua e despois haberá unha ofrenda floral ante o monolito de Marcial Valladares. Os actos rematarán cun concerto galego a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada. O Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela celebrará hoxe e mañá dúas xornadas de portas abertas. Hoxe poderase ver ademáis unha exposición de libros galegos. A directiva do museo recomenda especialmente o repaso do legado Castelao-Virxinia Pereira e o fondo Cabada Vázquez. Mañá, celebrarase o Día Mundial dos Museos cunha xornada de portas abertas de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. O colexio Pérez Viondi celebrou onte as Letras cun festival de teatro, poemas e música. O colexio estradense do Foxo celebrará mañá o Día das Letras Galegas. Ás 12.00 haberá unha presentación en power point da vida e obra da homenaxeada, María Mariño, seguida dun recital. Despois o grupo de teatro Os Abrentiños interpretará a obra Uns ratos insoportables . Tamén se presentarán os dous últimos números do boletín informativo da biblioteca do colexio, Os Pereiriños. O día 28 presentarase a obra infantil Tilirín e os escritores das Letras , de Heitor Picallo, e celebraránse as segundas xornadas poéticas . Hoxe, as 11.30 horas, na Solaina de Piloño terá lugar unha lectura de textos de María Mariño con motivo desta xornada. Paco Lareo elaborou para a ocasión un libro de pedra. Un acto que estará aberto o público. Hoxe, as 11.00 horas, se entrega no Museo Ramón María Aller os premios de relato curto Varela Buxán o que se presentaron nove traballos. O venres se celebra unha xornada de portas abertas de 9 a 21 horas coincidindo có Día dos Museos. A obra, ubicada no chaflán do baixo da casa número 23 da rúa María Colmeiro, se inaugura hoxe ás 12.30 horas. O mural de cerámica se inspira en textos e debuxos de Castelao. O acto, no que se leerá un manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística, se realiza en colaboración con Adellís. A biblioteca celebra hoxe unha xornada de portas abertas de 10 a 13 horas e de 16.30 a 19 horas. Os cativos poderán participar nun concurso de preguntas e respostas sobre María Mariño por Internet. Terá lugar no Auditorio da Semana Verde o venres, ás 10.45 horas. Participan alumnos de tódolos cursos. O centro acolleu unha exposición de obxetos antigos. Destaca unha carta escrita por Emilio Alonso Paz na cárcere o 11 de marzo do 37. Houbo tambén contacontos e xogos.