A PÉ DE RÚA «Agora a gafa é un complemento máis»

La Voz M. G. | LALÍN

DEZA

MIGUEL SOUTO

OPTOMETRISTA EN SILLEDA

12 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?na Sánchez leva 14 anos traballando nunha óptica en Silleda. No verán a venda das gafas aumenta, por a maior demanda das de sol. A moda cobra protagonismo nelas, explica, e as máis solicitadas son as marcas que se publicitan. -¿Qué debe ter unha boa gafa de sol? -O máis importante é que teñan unha lente boa que filtre as radiacións ultravioleta, non só que corte a luz, senón que protexa da radiación. Hai que comprar unha gafa de calidade e certificada. -¿Revisámonos a vista frecuentemente ou somos despistados? -Revisámola cando temos problemas, por revisión rutinaria hai moi pouca xente que a faga. -¿Cal é o problema máis frecuente? -O máis frecuente é a presbicia porque a poboación envelleceu. A partir dos 42-45 anos empézase a notar a pérdida de visión de cerca. Entre os xóvenes, o principal problema é a miopía. -Nas gafas normais, ¿tamén inflúe moito a moda? -Non tanto. Nestas a xente déixase asesorar máis na montura ca nas de sol. -¿Gradúanse as gafas de sol? -Cada vez máis, pero aínda non é suficiente. Tamén hai moitos usuarios de lentes de contacto e entón usan a gafa de sol sen graduar. -E coas lentes de contacto, ¿notouse moito na venda de gafas? -Hai xente que prefire a gafa. Agora é un complemento máis. -¿Cales son as últimas tendencias en monturas? -Lévanse os colores vistosos, as gafas chamativas, para lucilas, coas varillas anchas. E a última tendencia, que está en Italia, é a gafa redonda e dorada, pero aquí aínda non se introduciu e non sei se chegará a facelo.