Panos brancos contra a droga e concentracións en Deza

Amelia Ferreiroa LALÍN

DEZA

En dous minutos | Sensibilizar á sociedade A Fegamp fixo un chamamento aos concellos para que participen nesta campaña que promove a Federación Galega contra o Narcotráfico. Lalín e Silleda teñen previsto colaborar

03 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico celebra hoxe a súa campaña de sensibilización social Panos Brancos contra a Droga. Consiste, segundo o lembra o xerente da fundación galega Fernando Alonso, en colocar panos nos balcóns e nas fiestras co gallo de amosar a nosa repulsa polo narcotráfico e polas drogas. A campaña de sensibilización, que só ten as súas costas un ano de vida, conta co apoio da Federación Galega de Municipios e Provincias que remitiu un comunicado a todos os concellos de Galicia pedíndolles que se sumen a esta iniciativa. «Este año por los datos que manejamos sabemos que hay interés entre la población y en los propios Ayuntamientos por adherirse a la campaña. Lalín y Silleda son dos de los Concellos que sabemos que tomaran parte en la campaña, pero los ciudadanos juegan en ella un papel fundamental a la hora de colocar ese paño blanco en el balcón o en la ventana ya que es un símbolo de compromiso por una vida libre de drogas. Los comerciantes también pueden usar sus escaparates para colocar sus paños blancos o banderas», sentencia Fernando Alonso. A sociedade galega en xeral está chamada a pronunciarse hoxe contra a droga nesta campaña que consta de tres partes: a colocación de panos brancos, un convite aos cidadáns e comerciantes para que participen e, finalmente concentracións nas prazas dos concellos. De feito, o de Silleda xa convidou aos veciños a que se suemn á manifestación que levará a cabo ás doce da mañán diante do edificio consistorial. «En grandes ciudades está prevista la celebración de marchas ciudadanas por las principales calles de las localidades. Nuestro deseo es que los 315 concellos gallegos pongan en marcha alguna de las tres iniciativas que englobamos dentro de esta campaña de sensibilización», explica o xerente da fundación galega. A fundación, que naceu no ano 2002 a raíz da Plataforma Galega contra o Narcotráfico que xurdira no 94, tenta dar resposta a unha inquedanza da sociedade desexosa de contar cunha vida libre de drogas e de narcotraficantes. «No sabemos el número total de Concellos y de personas que hoy colaborarán con nosotros en esta iniciativa que es todavía muy joven, pero por las llamadas que estamos recibiendo creo que el apoyo va a ser muy importante. De todas formas quiero hacer un llamamiento a todos los gallegos para que, de alguna de las maneras que consideren más factibles, colaboren con nosotros y se sumen a esta campaña», afirmou.