O Club Deportivo Lalín deu onte un novo paso na súa loita particular pola permencia en Terceira División. Os de Acevedo gañaron ao Laracha no Cortizo, e sitúanse xa quintos pola cola, empatados a 28 puntos co Cruceiro, que inesperadamente foi quén de empatar 1-1 na casa do Deportivo B. Os de Acevedo desputaron un partido no que o andaluz Cañete se erixiu en protagonista ao converter dous dos tres tantos roxinegros. Os lalinenses plantexaron unha boa primeira metade na que dispuxeron de dúas oportunidades, e nas que levaron o peso do encontro, creando sensación de perigo sobre a área do conxunto coruñés. Tralo descanso, o Laracha logrou o empate e obrigou ao Lalín a reaccionar, remontando dúas veces o marcador. Acevedo amosábase tralo partido satisfeito co traballo dos seus homes, se ben recoñecía que «perdonamos algo defensivamente». O técnico loubou a entrega dos seus xogadores, que «fueron capaces de remontar el marcador en dos ocasiones».