O Silleda perde comba cos postos de ascenso

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

? aplastante derrota no feudo do Somozas, 5-0, afasta o Silleda da zona de ascenso á Preferente Autonómica. O Galicia Mugardos levouse nos derradeiros minutos unha victoria que vale o seu peso en ouro da súa visita ao Dubra: 1-2. Deste xeito, o Dubra continúa líder con 56 puntos, pero xa só con 2 de vantaxe sobre o Galicia Mugardos, con 54. Por riba, os homes de José Casal víronse superados na táboa polo Calo, que co seu trunfo por 2-3 sobre o Orillamar pasa ao terceiro posto na clasificación con 50 puntos, fronte os 49 do Silleda.