Os potenciais usuarios do programa «Tes+Bus» terán que aboar un euro por viaxe O transporte escolar non variará de horarios e primará aos escolares sobre o resto de viaxeiros
15 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.? primeira fase do programa de transporte escolar compartido, no que veciños particulares poderán ocupar as prazas libres nos autobuses escolares, comezará a operar en Rodeiro e Agolada a partires do vindeiro luns ata a fin do curso lectivo. Así o anunciaron onte de forma conxunta en Ourense a titular de Política Territorial, María José Caride, e a de Educación, Laura Sánchez Piñón. O proxecto Tes+Bus nace con carácter experimental en doce concellos galegos. Na provincia de Pontevedra, ademáis de Rodeiro e Agolada, gozarán da ampliazón do transporte público Arbo e As Neves, aínda que a incógnita de se a viaxe ía ser de balde ou non despexouse na contra dos usuarios, pois cada viaxeiro terá que aboar un euro para ocupar unha das prazas que queden libres en cada quenda. Ademais, non poderán levar equipaxe. Éstas son dúas das condicións indispensables para o desenvolvemento deste plan, que prevé manter as rutas e os horarios establecidos no servizo de transporte escolar. As persoas que empreguen este servizo poderán subir e baixar nas paradas que desexen, aínda que na presentación sinalouse que a finalidade do programa era permitir aos habitantes dos distintos lugares polos que discorre o autobús chegar ás cabeceiras dos municipios, onde se atopan a maioría de centros escolares, para mellorar o acceso a servizos municipais como a sanidade ou os bancos. Criterios Desde Política Territoria e Educación salientaron que Tes+Bus funcionaría de xeito experimental nestes doce concellos porque son municipio con baixa intensidade poboacional, con pouca oferta de transporte público concesional. Outro dos criterios aplicados pola Xunta foi a existencia de rutas de transporte escolar con persoal acompañante, requisito impresdindible.