Un documental de Xoán Carlos Garrido repasa a historia estradense recente

Rocío García Martínez
Rocío García A ESTRADA

DEZA

«A derradeira lección do mestre» analiza a relación política-ensino nos últimos sesenta anos O traballo presentarase o xoves da vindeira semana en Santiago e o día 24 na Estrada

09 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

O investigador estradense Xoán Carlos Garrido, vén de editar, da man da Fundación Bautista Álvarez, un documental de cincuenta minutos no que se repasan os últimos sesenta anos de historia do concello. O traballo audiovisual, guionizado e grabado polo propio Garrido, está enfocado cara o ensino local e amosa a evolución do mesmo durante as distintas etapas políticas. Partindo dun caso particular coma a ensinanza na vila estradense, o autor aborda ademáis asuntos de carácter xeral como a represión franquista. A figura de Fermín Bouza Brey, que era xuíz da Estrada no 1929, sirve de fío conductor do documental. Bouza Brey foi testemuña excepcional da implantación das escolas de emigrados. A partir de aí, Garrido repasa o quefacer das escolas da República ata chegar á época de represión franquista da cultura e ó intento de rexurdimento que se dou nos anos setenta coa transición. No documental recupéranse imaxes históricas da vila e conversas como a mantida con Antón Fraguas, mestre no instituto estradense. Iste material mestúrase con entrevistas a testemuñas coma o presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, que coincideu con García Barros no cárcere; ou Ildefonso Puente e Heriberto Rodríguez, que viviron o conflicto da escola sindical de Guimarei, na que se dou a opción de asistir ou non á clase de relixión e o mestre expulsou ós alumnos que elixiron a segunda vía. O documental será presentado o xoves da vindeira semana, día 15, ás 20.00 horas, no teatro Principal de Santiago. Na Estrada pasarase o día 24 deste mes. O lugar e hora están por fixar. Tra-la presentación, editaránse 3.000 copias en deuvedé que se poñerán á venda nas librarías.