En dous minutos | Terá novos contidos de empresa O goberno local alude á tendencia alcistas que o espazo rexistra nos últimos anos, xa que en 2003 contabilizara 71.854 accesos, con internautas conectados dende diversos países
10 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.? páxina web do Concello de Lalín, www.lalin.org, contabilizou ao longo do ano 2006 un total de 134.430 visitas, unha cifra que supuxo un incremento de 15.661 accesos respecto ao exercicio de 2005, ano que finalizara con 118.769 entradas, segundo datos municipais. Estas cifras confirman unha tendenza alcista dende o ano 2003, xa que das 71.854 visitas rexistradas naquela data, pasouse a 86.850 no 2004, ata chegar as 134.430 do pasado ano, que suporía unha media diaria de 368 entradas. Sen embargo, a organización de determinados eventos, como a Feira do Cocido ou as festas patronais, eleva considerablemente o número de visitas en xornadas puntuais, polo que non pode facerse unha media diaria lineal. Tamén as páxinas vistas polos internautas experimenta un crecemento en paralelo, sendo 705.977 en 2003, que se incrementaron a 1.848.258 en 2005 e batiron o record o último ano con 2.114.312. As seccións máis visitadas, xunto coas novas que se inclúen no portal de acceso á páxina, foron as galerías fotográficas, o directorio de empresas e a web de deportes. Por detrás está o plano urbán de Lalín, xunto coas seccións de «a vista de paxaro», cultura e a Feira do Cocido. Procedencia e contidos No referente aos países de procedencia das visitas, por detrás de España figura Francia, Arxentina, Portugal, Brasil, Andorra, México, Suiza, Alemaña, Holanda e Colombia. En canto aos contidos da web, incrementaranse ao longo da vindeira semana coa presentación, por parte do concelleiro de Desenvolvemento Local, Román Rodríguez, dun espazo con dominio lalinemprende , no que os internautas poderán consultar os recursos dos que dispón o municipio ou informarse das axudas e do procedemento administrativo para a creación dunha empresa, entre outras posibilidades. Por outra banda, dende a concellería de Novas Tecnoloxías xa se comezou a traballar na elaboración dun novo deseño para modernizar a visualización dos contidos, se ben debido ao volume de información ao que se accede na web o proceso prolongarase durante varios meses, sinala o Concello. Entre os novos contidos anunciados para a web municipal, figura un voo virtual a través do municipio, que se atopa na exposición que acolle a Praza da Igrexa sobre a evolución urbanística de Lalín nos últimos oito anos. Basado na cartografía do SITGA, permite achegarse a parroquias e casco urbán, con información adicional de lugares de interese.