Aclaración

ANTONIO RODRÍGUEZ

DEZA

TRIBUNA ABERTA | O |

02 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

COMO VECIÑO quero matizar, sen ánimo de polemizar, as declaracións verquidas pola directora do CEIP de Bandeira ao respecto da ampliación de paradas do autobús escolar na súa zona, concedidas pola Consellería de Educación. Os feitos son os segintes: desde o 2003 veño solicitando este servizo perante esa dirección. Se ben é certo que no 2004 a dirección do colexio cursou dita petición, ésta foi denegada polo daquela entón delegado provincial de Educación, Xosé Fraga Boullosa. O tema quedou aparcado por parte da dirección do colexio de Bandeira e por parte do Concello de Silleda. É máis, teño que dicir que o meu rapaz, que viña gozando do servizo do comedor, suspendéuselle tamén. Así pois, desde entón, tanto a dirección do centro e o Concello, a través da asistenta social e incluso da encargada do comedor do colexio, non só non intentaron arranxar o problema senón que sempre responderon con «imposible». Co cambio na Xunta, eu persoalmente mantiven contactos co grupo socialista e con membros do CIS de Silleda. Froito desas conversas, contactamos co actual delegado de Educación, Cristóbal Fernández, que nos dixo que lle remitiramos a resolución negativa do delegado anterior, o que fixemos. A resposta do actual delegado, ao que sempre lle estarei agradecido, non podía ser mellor: non só escoitou e atendeu á miña demanda senón que comprendeu que a debería ampliar a todos os rapaces con similar problemática e situación cá do meu fillo. Finalmente, dous meses despois, once estudante do colexio de Bandeira gozan do xusto servizo de autobús e co correspondente servizo de comedor. Os pais temos moi claro a quén lle debemos agradecer este dereito e este logro, e sabemos e temos claro quén non nos atendeu ata hoxe. Fago esta declaración para que reine a verdade e para facer xustiza ao delegado de Educación, aos grupos do PSOE e CIS e, por suposto, á boa acollida e dispoñibilidade da empresa Cuíña S.L. Penso, ademáis, que este ecrito faise eco do sentir dos outros alumnos e pais beneficiados, e xa para rematar, e sen ánimo de ofender, só lembrarlle á señora directora do CEIP de Bandeira que aínda quedan nenos que seguen demandando o mesmo servizo. Por exemplo, na Costela en Moalde. Por último, e con educación e respecto, permítome dicir que o que se quera colgar medallas, ten que facer o que ten que facer en cada momento, cumprir co deber e obrigas do cargo.