O equipo madrileño ocupa a praza do Pinto Concepción
13 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.O Portadeza Lalín visita mañá ás 12.30 a cancha do Boadilla Concepción, un equipo novo na categoría que ocupa a praza do Pinto Concepción. O conxunto madrileño, que adestran Juan Antonio Hernández e Paco Parrilla naceu a raíz do empeño do seu equipo directivo por poñer en marcha en Madrid un club que devolva a ilusión aos xogadores madrileños, e que sexa o suficientemente atractivo como para manter aos máis novos practicando este deporte, comenta Juan Antonio Hernández. O Boadilla xurdiu apoiado polo municipio que leva o seu nome, e logo de que o concello de Pinto optase por deixar de patrocinar ao Concepción, do cal ocupa a praza. Hai pouco máis de mes e medio que se puxo en marcha o proxecto, e aínda que ata o de agora os resultados non están a acompañar, Hernández agarda que co paso das semanas os engranaxes funcionen. «En Madrid entrenar cuesta muchísimo esfuerzo, y encontrar gente dispuesta a jugar es muy difícil. Lo que sí tiene la palantilla es muchisima ilusión y ganas», afirma Juan Antonio Hernández, que recoñece que é complexo «hacer un equipo de la nada cuando sólo les ofreces ilusión». A pesar de que o equipo non dispuxo de tempo para prepararse, e de que o está a facer a marchas forzadas en plena Liga, Hernández cré que cando remate a tempada o seu equipo estará nunha boa posición, «tenemos que ser ambiciosos, y creo que podremos quedar entre los cinco primeros», e é que o técnico garante que «en cualquier momento el equipo surgirá». Tanto directiva, como técnicos, como xogadores teñen depositadas moitas esperanzas no equipo, e agardan que «con paciencia» se cree un club atractivo «para que la gente de Madrid no abandone el balonmano», di Hernández. Plantilla O Portadeza atoparase mañá en Boadilla unha plantilla na que xogadores moi novos comparten vestiario con deportistas moi veteranos. O antigo Pinto Concepción, a SA-FA e outros conxuntos madrileños son os clubs de procedencia da heteroxénea plantilla que adestran Hernández e Parrilla. Edu Beret, o xogador de referencia do equipo, non sairá á cancha por lesión, e é posible que tamén sexa baixa Hugo, outro dos destacados do club. Aínda que o Portadeza chega a Boadilla como claro favorito, o equipo madrileño non se amedrenta. «Sabemos quien es el favorito, pero no tenemos complejos. El Portadeza es un equipo difícil por tradición, que siempre empieza bien, y con un siete inicial importante». Máis partidos Hoxe ás 18:30 os de Budi viaxan a Camariñas. A esa hora, en Lalín comezará o Portadeza-Lavadores de Segunda Nacional Feminina. Ás 12.00 xogan os cadetes contra o Bueu. Mañá o cadete feminino viaxa á cancha do Tui.