Navegadores e nomes das rúas

DEZA

AO TRASLUZ | O |

12 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

AS NOVAS tecnoloxías permítennos moitas veces aforrar tempo ou facilitar de forma importante os traballos. Os robots de cociña poden preparar pratos mentres estamos fóra da casa; pódese mercar sen necesidade de ir ao supermercado e con só premer un botón diante do ordenador... Un sinfín de aplicacións. Nos coches pasa algo semellante. Non fai falla despechar as portas, xa o fan con só acercarse; nin encender as luces; nin porlle o freo de man. Tamén son capaces de controlar a velocidade e de avisar de cambios involuntarios de carril. A función do conductor queda case só para levar o coche. E para esta última labor tamén hai unha aplicación dende fai uns anos: os navegadores. Serven de gran axuda aos viaxeiros habituais e ocasionais. Esta aplicación evita as pérdidas frecuentes, preguntas miles e varios minutos -por non decir moitos- que desperdiciamos cada vez que imos co noso turismo a un punto descoñecido e sen a axuda dun mapa. É un aparello moi útil agás cando o inxenio a hora de poñerlle o nome as rúas xoga na súa contra. O outro día tiven a oportunidade de presenciar en directo un destes casos. O intento nese caso era acudir a un número da rúa B de Lalín. Todo ía moi ben o empezar a configuración. Dentro de España, no municipio de Lalín, o tipo de vía denominado «calle»... E ahí empezaban os problemas. O tratar de porlle únicamente B, o navegador era incapaz de atopala e daba como opcións outros puntos de Lalín que comezaban por esa letra pero non deixaba porlle só B. Máis tarde o descubrimento foi que para que o navegador te conducira ata este punto de Lalín había que porlle «Rúa B». Así, o orixinalidade dos dirixentes a hora de nomear rúas (A, B, F, E, 1...) non encontra acomodo nas novas aplicacións. Nin os navegadores son capaces de entender que sexa únicamente unha letra ou un número.