«Aínda estou lonxe do máximo nivel ao que podo chegar»

DEZA

MIGUEL VILLAR

Entrevista | José Miguel Martínez Barreiro, Bamarti O piloto estradense ven de facerse co título autonómico logo de tres anos asinando o subcampionato. Cré que pode dar moito máis de sí, e espera poder demostralo

04 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Tras catro anos tentandoo, José Miguel Martínez Barreiro, Bamarti, proclamouse a pasada fin de semana campión galego de rali a falta de tres probas para o remate da tempada. Deste xeito, o piloto estradense entra a formar parte da decea de pilotos que teñen no seu palmarés o Campionato Galego de Rali, dende que comezara a desputarse a proba na década dos sesenta. -Este ano, por fin, Campión Galego de Rali. É a recompensa ao traballo ben feito? -Eu creo que é o froito do traballo que fixen nos últimos tres anos, conseguindo os tres subcampionatos. Era lóxico que ao final conseguira gañar non só en puntos, senón tamén o campionato. Ademáis, cada ano fomos máis rápidos, e iso, ao final, ten que traducirse nunha recompensa. -Contento co balance da tempada? -Esta tempada foi moito máis desputada cá pasada. Senra etivo aí, e apareceu xente como Pedro Burgo, que compite en nacional, e que ten medios e coche para loitar. Quizáis por iso aínda sexa máis bonita a vitoria, porque competiron coches moi potentes e pilotos moi bos. -O Campionato Galego é a guinda a un palmarés con varios campionatos, non? -Comecei competindo no Campionato Promoción Nabor que se desputaba en Galicia e Asturias, e que gañei xa o primeiro ano, no 1992. Despois, tras un parón, no 2000 proclameime campión de Galicia de turismos en Montaña, e Absoluto de Montaña, e no 2001 fun campión galego de turismos en Montaña. Despois conseguín os tres últimos subcampionatos de Galicia de Rali, e agora, o campionato galego. -Cal é o próximo obxectivo? -Polo de agora, este ano en principio queremos correr algunha carreira máis, e espero seguir competindo. Para o futuro aínda queda moito. -Ten algo que ver con ese futuro que poñas os teus dous coches á venda, o Mitsubishi Lancer Ev. 6, e o Peugeot 306 Kit Car? -Os coches están á venda, pero non quere dicir nada. Se se venden sería cando podería plantexarme algo. -Algo como o Campionato de España? -Non o sei. Primeiro habería que vendelos, e conseguir apoio dos patrocinadores, e ver todo de xeito global. Polo momento simplemente espero que poidamos seguir correndo. -O campionato Galego, seguirá estando aí? -Tanto se se venden os coches coma se non, o galego seguirá estando aí. Outro campionato sempre ven ben. Sobre todo porque en en Gacia é moi bonito competir porque moita xente segue os ralis. Ademáis, ten que ser bonito sair co número un. -O que sí tes claro é que queres seguir correndo? -Teño ganas de seguir competindo, e de seguir mellorando a miña pilotaxe. Aínda estou lonxe do máximo nivel ao que podo chegar. Se hai oportunidade, espero demostralo, pero polo momento, xa podo dicir que cumprín un soño.