«O novo disco é curiosiño, cheo de autoestima cultural»

Amelia Ferreiroa LALÍN

DEZA

Entrevista | Mercedes Peón ARTISTA O Xacobeo trae a Lalín este sábado as actuacións de Peón e Iván Ferreiro

14 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Dentro da xira Vai de Camiño , programada polo Xacobeo, e despois de percorrer moitas vilas galegas os artistas Mercedes Peón e Iván Ferreiro estarán na capital dezá. A cita é na Praza da Igrexa, ao fío das dez da noite. A intérprete galega está traballando no seu vindeiro disco. -Estou compoñendo, arranxando... O novo discoéchete bastante curiosiño, cheo de autoestima cultural e penso que estará rematado no vindeiro mes de outubro aínda que seguramente non se edite ata febreiro. Para entón xa estará pasada a costa de xaneiro e as festas de Nadal, así quen desexe mercalo poderá facelo con tranquilidade. Tento recuperar certos novismos, e Malpica tén que ver neste traballo, na maneira en que falan aló. Non sei aínda moi ben o título que lle porei: Ai Che, Ai Ché... -Máis preto temos a actuación de Lalín, que penso que será a última das celebradas ata entón, ¿como será? -Ao ser a última é mellor xa que a banda se atopa perfectamente conxuntada. É pura enerxía no escenario. Existe sempre unha tensión positiva nun concerto porque eu vou cambeando todo dun concerto a outro, nunca se semellan. Nunha actuación pode acontecer calquera cousa e iso creo que é fundamental para que o público disfrute plenamente da actuación. Facemos paróns no medio dun determinado tema, buscamos a participación do público... Será un concerto rítmico e divertido no que interpretarei temas do disco A jrú pero tamén haberá pinceladas de Isúe . -¿O público condiciona á hora de interpretar determinados temas? -Obviamente. Chegas cun repertorio a unha determinada cidade para interpretalo pero pode sufrir modificacións segundo o público, as cancións que máis seguen e tamén se te atopas con xente sentada ou de pé. O que está claro é que temos cancións dabondo.