O C.T.M. Lalín despídese da Segunda gañando

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

03 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Manuel Fernández Saavedra, José Domínguez e Antonio Crespo pecharon o pasado vernes noite tres anos na Segunda División Nacional cunha grata e inesperada victoria na casa, fronte ao San Isidro de Narón. O Caixa Rural Galega Club Tenis de Mesa Lalín impúxose ao cuarto clasificado por 4-2 (13 xogos a 10). Pola súa banda, o Escola Lalín de Primeira División Galega acabou a Liga perdendo 4-1 en Narón e derrotando 0-4 o Hípica da Coruña.