Xirandola estrea un espectáculo de baile e cantadas

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

MIGUEL SOUTO

LA PENÚLTIMA A actuación, programada pola Concellería de Cultura de Lalín, levarase a cabo o sábado no Novo Salón Teatro

20 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Con preto de vinte anos de historia o grupo Xirandola de Bandeira vai estrear en Lalín o seu primeiro espectáculo: Xonga; que lle adican ás mulleres. «A todas aquelas que despois de traballar arreo durante o día no campo atoparon tempo para enseñarnos puntos e bailes. É unha homenaxe ás mulleres do rural, a todas elas, aínda que o nome de Xonga é como lle chama o director do grupo Xoán Morandeira á avoa da presidenta», explica Javier Blanco de Xirandola. A cita será o vindeiro sábado, a partires das 20.30 horas, no Novo Salón Teatro na que se poderá ver á categoría dos maiores do grupo. Haberá pases de vestiario, bailes, tocadas e cantadas; unha demostración de todo o que ven facendo Xirandola nestes anos. «Os gaiteiros mesmo están a apurar o ensaio dunha peza que recollemos na recente viaxe a Arxentina. É un espectáculo para todo o público, para quen lle guste o folclore ou non, para todas as idades», subliña Blanco.