BUZÓN DEL LECTOR | O |
18 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.POIS NON É nada, se vives en Rodeiro, ademais de ter que seguilo mesmo procedemento cando te pos enfermo que en Agolada, tes que facer milagros para chegar á casa se traballas en Lalín, porque a estrada é literalmente intransitable, xa que non é que teña baches, ten cráteres. Eso por non falar de que o que máis e o que menos, ten teléfono móvil, aparato que se convirte en inútil alí, porque non hai cobertura. E por non ter, non temos nin algunha das canles de televisión, e falo das de toda a vida (Antena 3), xa nin se me ocurriría falar das modernas. E alí internet non é unha ventana aberta ó mundo dende a que podes acceder a calquera sitio en poucos segundos, non, alí é unha proba de paciencia porque «a línea non sirve» (palabras textuais de Telefónica). Total, que podes desesperarte para abrir calquera páxina, e nin se che ocurra baixar calquera cousa ou enviar algún correo porque che dan as uvas (as do 20015, digo). Ah!, e si queres facer unha casa, non importa que teñas unhas cantas fincas arredor do pobo, seguro que no novo PXOM que están facendo, están todas en chan rústico. ¡Incluindo a finca da casa onde vives! E un sinfín de cousas máis que non procede contar porque son bastante máis tristes. Eso si, temos moitas festas, a da xuventude, a da caza, ada terceira idade, a do emigrante, e seguro que se me esquece algunha; que eu non digo que non esten ben, que o están, pero deberíase establecer un orde de prioridades correcto, porque cando tes que facer malabarismos para levar unha vida normal non che queda humor para festas.