Taboada, sétimo nos 200 metros costas no Campionato de España

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo LALÍN

DEZA

O nadador lalinense rebaixou en máis de 3 segundos a súa marca persoal Alberto compite hoxe en Palma de Mallorca nas probas dos 100 metros estilos e costas

15 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?lberto Taboada segue a probar a súa condición de firme promesa da natación nacional. Con tan só 18 anos, o lalinense rematou onte sétimo na final A, a finalísima dos 200 metros costas do Campionato de España Absoluto de Piscina Curta (25 metros). Un brillante debú na categoría sénior, que lle outorga a condición de mellor galego da especialidade. O ex nadador do C.N. Lalín, na actualidade nas filas do Pabellón Ourense, asinou un crono de 2 minutos e 3 segundos xustos, 3,20 segundos por debaixo da marca persoal coa que chegaba a Palma de Mallorca, sé do torneo estatal. De feito, Alberto batíu onte por dúas veces o seu mellor tempo, logo de rebaixar os seus 2.06.20 iniciais a 2.03.80 na xornada matinal. Este último crono abríulle as portas á final A, como oitava mellor marca dos participantes na proba. O deportista dezao amosábase onte do máis satisfeito coa súa actuación. Taboada comentou ao termo da xornada que «estoy muy contento. No esperaba hacerlo tan bien, sobre todo por los tiempos. Sabía que si nadaba bien podría bajar mi marca hasta los 2.05 ó 2.04, pero no me imaginaba que sería capaz de mejorarla aún más. He batido el récord provincial de Ourense y he sido el mejor gallego». Alberto ten hoxe unha dura xornada de competición, que lle esixirá un enorme desgaste. Pola mañá loitará por un oco na gran final dos 100 metros costas e, case sen tempo para descansar, fará o propio nas eliminatorias dos 100 metros estilos. Duro exame O sétimo mellor especialista nacional nos 200 costas recoñecía onte que hoxe «tendré más complicado meterme en las finales A. Las pruebas son de velocidad, y en estos momentos tampoco tengo demasiada potencia». A alta competitividade de Taboada e a motivación que lle reporta unha posible convocatoria coa selección española da súa idade para a vindeira Copa Latina son dous importantes aliados do nadador dezao. O relevo do 4x100 metros estilos porá, o domingo, o punto e final á participación do lalinense no Campionato de España Absoluto de Piscina Curta.