A Estrada, capital do bádminton

DEZA

MIGUEL SOUTO

En dous minutos | A vila acollerá varias probas nos vindeiros días Os xogadores do club participarán en tres probas na capital de Tabeirós, ademáis de acudir a Huelva a desputar o campionato de España de seleccións territoriais

01 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

O bádminton estradense está entre a elite nacional, e proba delo é a cantidade de compromisos deportivos nos que os membros do Club Bádminton Estradense participará nos vindeiros días. Ademáis, varias destas citas terán lugar na capital de Tabeirós. O combinado galego, do que forman parte oito xogadores do club estradense, participará en Huelva no Campeonato de España de seleccións. Mentras, A Estrada acollerá unha proba do ranking provincial, o Campionato provincial absoluto, e os encontros da Liga Nacional. Unha semana movida na que os pupilos de Rodrigo Sanjurjo buscarán novos éxitos. A primeira proba, que se desputará mañá en A Estrada, será a correspondente ao Ránking Provincial. Arredor de 30 deportistas do Club Bádminton Estradense participarán, xunto con xogadores do Los Sauces, Alcoube, e posiblemente do Universidade de Vigo na proba, na que se espera que compitan arredor de medio cento de xogadores de todas as categorías. O segundo compromiso ao que deberán facer fronte os xogadores estradenses é o Campeonato de España de seleccións territoriais, que se celebrará do 4 ao 6 en Huelva. Na categoría júnior competirán Pablo Carollo e Óscar Piso polo C.B. Estradense. A maior representación do club será a da selección absoluta. José Ramón Lagos, Rafa Vázquez, Javier Tur, Raquel Miguéns, Carmen Chan e Eva Nogueira serán, xunto con dous xogadores do Club del Mar, os integrantes da expedición galega, comandada por Rodrigo Sanjurjo. Os xogadores galegos deberán desputar o domingo unha liguilla previa que, de superar, lles dará acceso á fase final, para a que xa están clasificados os catro primeiros equipos da pasada edición. O C.B. Estradense finalizou quintoo ano pasado, co cal este fin de semana deberá pasar as dúas fases. Máis probas Xa na semana próxima, a capital de Tabeirós acollerá o día 8 o Provincial Absoluto. O C.B. Estradense recibe o día 10 ao Xátiva na súa loita pola permanencia na categoría. Amáis das probas como equipo, varios dos xogadores da Estrada terán a semana que ven unha cita no Internacional que se desputará en Irlanda, e ao que acudirán Rafa Vázquez, Javier Tur e Rodrigo Pacheco. Catro probas en pouco máis dunha semana que serán unha nova oportunidade para que o Club Bádminton Estradense dé un paso adiante en canto a éxitos.