As escolas deportivas da Estrada póñense en marcha en outubro

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

A partir do un de outubro póñense ne marcha as distintas escolas deportivas do concello da Estrada. Patinaxe artística, tenis, xadrez, ximansia artística, aerofitness, bádminton, baloncesto, ciclismo, futbol sala e natación impartiranse ata o mes de xuño. A inscrición está aberta xa no concello polas mañás, ou ben o primeiro día de clase nas distintas ubicacións. O prezo mensual das actividades será de 11 euros que se aboarán aos monitores. Haberá bonificacións para as familias que inscriban tres membros; a partir do terceiro alumno a bonificación será do 50%, do 75% a partir do cuarto alumno, e gratis o quinto. Rapaces dende cinco anos poden inscribirse na modalidade de patinaxe artística. As clases, impartidas pola entrenadora nacional e tres veces campiona galega, Julia Sainz Vaquero, serán os sábados de 10 a 12 horas. Tamén os sábados se impartirán as clases de tenis nas pistas municipais. A modalidade de xadrez, indicada para maiores de cinco anos, impartirase os sábados dende as 10 ata as 13 horas. Roberto Patiño continúa como monitor. Pola súa panda, as clases de ximansia artística que impartirá Sofía Mosteiro serán os mercores a partir das 18.00 horas. Nelas poden participar todos os maiores de seis anos. Sofía Mosteiro será tamén a encargada de impartir a modalidade de aerofitness, na que poderán inscribirse os maiores de 17 anos e que serán martes ou xoves en dous grupos. A escola de bádminton da que se encargará David Carballo terá clases os luns e xoves de 18 a 20 horas, e contará con distintas competicións para os alumnos. A modalidade de ciclismo, que se desenvolverá na zona deportiva municipal os sábados de 10 a 13.30 horas, está indicada para maiores de seis anos, e será impartida por persoal titulado do Hierros Diego. Os maiores de seis anos tamén poderán participar nas clases de fútbol sala que se impartirán os sábados dende as 11.30 ata as 13.30 e que terán como monitores a técnicos do Reale Seguros. As clases de natación impartiranse os sábados aos maiores de seis anos, e repartidos en grupos. O prezo trimestral será de 33 euros.