Dous equipos de Segunda B interpóñense entre Rodri e o Lalín

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

O mediapunta santiagués Rodrigo Veiga, Rodri , contestará na vindeira semana á oferta que a directiva do C.D. Lalín lle fixo nos últimos días. O futbolista pedíulle a De Bessa e compañía algo de tempo para decidir o seu futuro, xa que sobre a mesa ten dúas propostas de sendos equipos de Segunda B. Un de fóra de Galicia e o outro o recén ascendido Negreira. Ante a mala experiencia persoal vivida por Rodri a pasada Liga nas filas do Mirandés, conxunto que rematou descendendo a Terceira, o compostelán recoñece que hoxe por hoxe preferiría quedarse en Galicia. E Negreira quédalle a un paso da casa. Pero tamén é certo que «lo que me propone el Lalín es interesante, sobre todo a nivel persoal», afirma Rodri, quen ademais sopesa a posibilidade de dedicarlle menos tempo ao fútbol. De decantarse por isto último, a opción do Lalín cobraría moitos enteiros.