El próximo jueves, con La Voz, una nueva edición de la Guía de Másters de Galicia
Prohibido fumar no traballo, nos trens de curto percorrido, en bares e en restaurantes. Estas son algunhas das claves do Anteproxecto de Lei de Prevención do Tabaquismo aprobado no pasado mes de febreiro coma preámbulo dunha lei cuxa entrada en vigor está prevista para xaneiro do 2006. Entre as prohibicións cabe destacar aquelas que lle afectan directamente a bares e restaurantes. O propietario poderá decidir se se fuma ou non no seu local cando este conte cunha superficie inferior aos cen metros cadrados, pero a súa decisión deberá aparecer nun cartel colocado á entrada, tal e como indica o Anteproxecto. Estará prohibido fumar en locais cunha superficie maior de cen metros cadrados, agás no caso de que se habilite un lugar específico e con ventilación destinado a esta práctica. As máquinas expendedoras colocaranse alí onde poidan ser controladas polos traballadores do local.