En dous minutos |? O?municipio «apelida»?a persoas en todo o mundo O topónimo, único en Galicia, dalle nome a unha cidade situada ao nordeste da China
16 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O apelido duns poucos é o nome da terra que viu nacer a moitos. Polo menos no caso de Lalín. Este topónimo é único en Galicia como tal, pero na China dalle nome a unha cidade. Queda claro logo que non estamos sós e que a provincia pontevedresa non é a depositaria exclusiva da marca Lalín . Se lle quitamos o til, a referencia galega aparece sobre todo no nome de persoas de todo o mundo, máis ou menos famosas. Así, Lalin era o apelido de quen creou a imaxe corporativa da coñecida cadea de supermercados Alcampo, o deseñador gráfico venezolano Richard Lalin. Coñecidas son tamén as revistas para as que traballa o fotógrafo estadounidense Olivier Lalin. As súas fotos de vodas, especialidade do autor, aparecen en publicacións coma Elle Magazine ou Marie Claire . A arxentina Matilde Lalin é unha prestixiosa licenciada en Matemáticas, autora de varias reflexións e teorías relacionadas con esta ciencia, coma a súa tese sobre as curvas elípticas. O ruso Vladimir Lalin estudiou as distintas teorías da elasticidade. Corinne Lalin expón a súa obra pictórica na súa casa de New Jersey. E Milivoj Lalin traballou como docente en Croacia. A capital dezana é o nome de pila de Lalin Theverapperuma. Este científico investiga distintos aspectos do sistema motriz de primates e humanos no departamento de Neuroloxía da Universidade estadounidense de Minnesota. No mundo da gran pantalla, Viggo Mortensen dá vida a Lalin na película de intriga «Atrapado por su pasado». Dentro dos deportes, era Carlos Lalín o preparador físico do R.C Deportivo da Coruña na pasada tempada. E era Daniel Lalin un dos directivos acusados da quebra do Racing Club, un equipo de fútbol arxentino. A base militar aérea de Lalin está situada a poucos quilómetros ao norte dunha cidade china co mesmo nome e na rexión de Shenyang, ao nordeste do país asiático.