O SOL | O |

04 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A ESTAS alturas do ano, o mundo móvese a outro ritmo. O que máis e o que menos ou está de vacacións ou é como se o estivera, e isto afecta a algo máis que a persoas. A cousa pública está practicamente detida, se exceptuamos San Caetano (por causas de todos coñecidos) e algún que outro recuncho a onde aínda non chegou a nova de que estamos no mes de Augusto. Á marxe do novo ritmo que experimenta o papeleo, a existencia dos que xa desfrutan duns días de descanso e dos que aínda están á espera do momento, tamén varía. Poucos días ao ano temos a posibilidade de ver películas na rúa ao fresco da noite. Case en contadas ocasións podemos adicarlle tempo ao sano deporte do terracing , e non nos esquezamos do amplo abano de festas, festiñas e festazas que se nos presentan por diante e que nos trastocarán sono e existencia. Tanto para os que agosto non implica vacacións, como para os que neste tempo non teñen nada que facer, os 25 días que restan de mes preséntanse inconstantes. Haberá que esperar ao gris setembro para voltar a respectar horarios, seguir costumes e recuperar o ritmo vital que calor, festas e demáis nos fixeron ou farán perder no quequeda de mes. Por certo, hoxe toca tortilla.