Máis de 150 ciclistas disputarán hoxe a IV ruta Rapa das Bestas

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

Hoxe ás 10.00 horas arranca na zona polideportiva de A Estrada a cuarta edición da ruta Rapa das Bestas, organizada polo concello estradense en colaboración coa peña ciclista Bikestrada. A inscrición na proba non se pechará ata quince minutos antes da saída. En total serán arredor de 75 quilómetros que levarán aos deportistas por distintas paraxes do concello. Nesta edición prevése que participen máis de 150 ciclistas.