30 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
? nadadora do C.N. Lalín Olimpia Alba Rubial gañou o ouro nas probas de 200 metros estilos e 100 metros costas infantís do XXIV Meeting TAP-Cidade de Lisboa, celebrado a pasada fin de semana. Por desgracia, Alba non foi quen de facer a marca mínima para participar no vindeiro Festival Olímpico da Xuventude Europea (FOXE), que se disputará na localidade italiana de Sabbadioro do 2 ao 9 de xullo. A lalinense quedouse a un segundo do crono fixado nos 100 metros costas. Nembargante, Alba gañou unha importante experiencia internacional, que lle ha servir para seguir madurando deportivamente.