O Agolada arrasa o Marín e pon pé e medio na semifinal de Copa (36-21)

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

?s equipos dezaos seguen alegrándolle o final de tempada aos afeccionados ao balonmán local. Onte, no Pavillón Municipal de Lalín, o Portadeza Agolada sellou virtualmente o seu pase ás semifinais da Copa de Segunda División Nacional tras aplastar o Marín no encontro de ida de cuartos: 36-21. Quince goles de diferencia que, agás sorpresa monumental, sobrarán para ratificar a clasificación de Antonio Chamorro e os seus homes este mediodía, no segundo partido en Marín. Nada facía presaxiar este baño local nos 5 primeiros minutos do choque. O conxunto do Lérez arrincara o encontro máis entonado, cun parcial de 0-3 ao seu favor. Pero o transcurso do choque demostrou que o primeiro tanteo non foi máis cá un espellismo. Aplicados a tope na súa defensa en 6-0, os xogadores do Portadeza Agolada frearon as embestidas do Marín, orixinando de paso numerosos contragolpes. E no ataque estático a orde imperou nas filas locais. Deste xeito os de Chamorro xa dominaban o marcador ao descanso con certa claridade: 17-13. Unha saída en tromba na reanudación deixou visto para sentencia o partido e, en principio, tamén a eliminatoria. Unha diferencia de 9 tantos en menos de 10 minutos rematou por afundir o Marín. Xogaron polo Portadeza Agolada: Agustín, Viz, Jorge López (7 goles), Gúmer Portas (1), Salva (5), Miguel Porto (6) e Diogo (3) -sete titular-; Pérez, Ignacio Chamorro (4), Sergio (2), Antonio Chamorro, Sierra, Aser (4) e Pajarín (4). Unha vez certificado o pase mañá, o cadro dezao enfrontaráse nas semifinais da Copa de Segunda Nacional ao gañador do cruce de cuartos entre Cangas e Seis do Nadal, sexto e quinto peores equipos da recén rematada Liga.