27 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
A nadadora do Clube Natación Lalín Olimpia Mónica Trujillo desputará esta fin de semana en Torredonpacheco, na provincia de Murcia, as probas do XXI Campionato de España de Natación por Comunidades Autónomas. Mónica Trujillo, que acode a Murcia formando parte da selección galega, desputará a proba de 200 metros bolboreta o sábado pola tarde competindo na categoría G4 de nadadores de 15 anos. A deportista lalinense, ao igual que os seus compañeiros do combinado galego, aloxaráse no Centro de Alto Rendemento Infanta Cristina, na localidade murciana de Los Alcázares.