Taboada, vixésimo nos 400 estilos do Campionato de España Open

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

02 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?on é a súa especialidade, e iso notouse. O lalinense Alberto Taboada puxo onte punto e final á súa participación no Campionato de España Absoluto de G-5 de Natación Open cun vixésimo posto na proba dos 400 metros estilos. En Cádiz, o ex nadador do C.N. Lalín e actual integrante do Pabellón Ourense asinou un crono de 4.52.11, moi lonxe do oitavo posto, 4.40.01, e tamén do decimosexto, o último con dereito a participar na final B, 4.45.09. Na actuación de Alberto na súa cuarta e derradeira proba no Campionato de España notouse o cansancio acumulado tras competir en outras tres durísimas probas nas dúas xornadas anteriores. O premio ao seu esforzo e calidade son as súas victorias nas finais B dos 100 e dos 200 metros costas, probas nas que rematou, ademais e respectivamente, no segundo e no cuarto posto da categoría G-5 (rapaces de 17 e de 18 anos). No primeiro caso, facéndose acreedor dun diploma como recoñecemento especial.