O equipo Bamarti-Competición presentaráse o vindeiro día 18

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

?osé Miguel Martínez Barreiro e os seus compañeiros do equipo Bamarti-Competición presentarán o vindeiro día 18 o seu proxecto deportivo para a tempada 2005. Faráno nas instalacións de Opem Estrada (Avenida de Santiago, número 27), a partir das sete da tarde. Aberto a tódolos públicos, o acto contará coa exhibición do Mitsubishi Lancer EVO VI co que Bamarti voltará a correr este ano. Alomenos así será á espera dun posible cambio de vehículo, que podería producirse mesmo co Galego de Ralis xa iniciado. Bamarti continuará adscrito á Escudería Estradense.