O bádminton da Estrada, na Copa Xunta de Galicia

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

? Club Bádminton A Estrada e o Club Bádminton Estradense, na práctica a mesma entidade, participan entre hoxe e mañá na XIII Copa Xunta de Galicia de Clubs no Pavillón Municipal das Neves. Na primeira fase, no cadro masculino, o C.B. A Estrada A quedou encadrado no Grupo 2 con Gijón A e As Neves, o A Estrada B no Grupo 3 co Independiente e Braga B, e o Estradense no Grupo 4 co Braga A e Gijón B. En féminas, as rapazas mídense ao San Amaro da Coruña e As Neves.