Seis xogadoras do Val do Ulla, no Campionato de España Sub 17

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

?ris Torre, Sonia Rey, Vicki Mosquera, Sandra Rial, Eviña Ferreiroa e Fátima Rial son as seis xogadoras do Val do Ulla incluídas na selección galega que esta fin de semana loitará en Valencia por superar a segunda fase do campionato de España de Seleccións Autonómicas. O conxunto estradense proporciónalle ao combinado galego a terceira parte dos seus 18 efectivos, sendo o equipo con maior presencia dos seis representados. O Boiro cede a catro xogadoras (Marta Pazos, Aixa Montiel, Katerina Sánchez e Ana Bermúdez), o Casablanca a tres (Aida Mosquera, Laura Davila e Adelina Garrido), o Olivo a dúas (Paula Fernández e Joana Montouto), o Bértola a outras tantas (Sheila Antepazo e Jénnifer Palmás) e o Atlético Arousana a unha (Sara González). A expedición galega partirá en avión desde Sasntiago o venres ás 15,20 horas. O sábado xogará a partir das 10.15 horas contra a selección anfitriona, Valencia, e o domingo fronte a Asturias, á mesma hora có día anterior. A celebración da segunda fase do Campionato de España Sub 17 abre unha paréntese na Liga de Primeira División Nacional. O Val do Ulla regresará á competición regular o día 13, cunha importantísima visita ao Trobajo del Camino. E é que as de Fachal están obrigadas a gañar a un colista xa desahuciado.