Entre o alumnado do IES Laxeiro de Lalín estanse dando a coñecer as bases que rixen o primeiro Concurso de Fotografía Matemática, que se levará a cabo no centro. Poderán tomar parte en dito concurso os rapaces que estén matriculados no centro no curso académico 2004/05 e cursen ESO, 2º de Bacharelatos ou Ciclos. Un concurso no que se establecen dúas categorías, dependendo do curso no que estén os participantes, e nas que se entregarán dúas cámaras de fotos como agasallo aos mellores traballos. Ata o vindeiro 7 de marzo permanece aberto o prazo de entrega das fotografías nas que aparecerán reflectidos contidos matemáticos. Teñen que ser fotos orixinais e cada participante poderá presentar un máximo de tres que, en sobre pechado, entregará ao seu titor. O veredicto do xurado está previsto se coñeza antes das vacacións de Semana Santa e posteriormente farase unha exposición con todas as fotografías.